Bidueiral Montederramo

Achegarémonos pois até o concello ourensán de Montederramo para gozar dos camiños e carreiros acubillados polo coñecido bidueiral. Esta fraga sitúase dentro da Ribeira Sacra, entre os canóns do Sil e o macizo de Queixa-Manzaneda, na parte norte da Serra de San Mamede.http://www.concellomontederramo.org/ga/upload/inf/396-d-02A_Roteiro_Bidueiral_MoHoxe en día, por sorte, o bidueiral de Montederramo ten a consideración de Zona de Especial Protección, ZEPVN, que lle vale un trato semellante ao dos Ancares ou A Baixa Limia, e forma parte dun espazo da Rede 2000, cal é todo o conxunto do Macizo Central Ourensán.

O Bidueiral de Montederramo foi un día encrucillada de camiños que conectaban as terras altas de Vilar de Barrio e Maceda coas de Queixa a través de Montederramo.http://www.ourensedixital.com/ou_nat/01_bidueiral/como_.htm Un lugar sementado de camiños e de lenda, como a de que foi aquí onde, segundo o propio relato de Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz, devorou a maioría das súas vítimas

Así que, amigos e amigas, valor e ás bicicletas. Isto é unha convocatoria aberta para todos-as os que teñan ganas de pedalear, sen excesos, ou andar, porque haberá tamén quen se apunte a facer algo da ruta a pé.

O punto de partida será o habitual: diante do IES Laxeiro, o sábado 3 de abril, ás 8:30 h. Levaremos o remolque para transportar todas as bicicletas.  Cómpre que avisedes antes do 30 de marzo (no email do club ou nos teléfonos habituais) para organizar o xantar dese día.http://www.concellomontederramo.org/ga/upload/inf/396-d-02A_Roteiro_Bidueiral_Mo

Por certo, se alguén ten unha arma de prata, que non deixe de levala ese día, aínda que agora os lobishomes seica se chaman lobbyshomes.