Ruta do Maghosto 2009
A Ruta do Maghosto celébrase o 15 de novembro de 2009 e é unha das actividades mais representativas e tradicionais no Alambike CC. Pretendemos exaltar o outono e celebrar unha das festas mais representativas do noso país e especialmente da provincia de Ourense.

O día comezará cediño, ás 9.00 h quedamos no lugar de sempre, diante do IES Laxeiro, para pedalear cara o veciño Concello de Castro Dozón, o noso destino é “Cas da Cándida” un cinco estrelas a carón do campo da feira de A Gouxa. Será unha ruta de dificultade baixa apta para todos.
Para recuperar forzas, xa temos o encargo feito... carne o caldeiro, polbo, e de sobremesa queixo con marmelo e castañas asadas. Todo aderezado con Pan de Cea e viño novo do Ribeiro. O cociñeiro, terá todo preparado para ás 13.30h, olliño, se a neve non lle impide chegar. Os alambikeiros aínda temos nas nosas retinas aquela fermosa e dura mañá de neve do ano pasado na que tiramos unhas bonitas fotos. Podes velas na nosa galería fotográfica.
Esta actividade é aberta para todos: alambikeiros, bos comedores, aventureiros... so vos pedimos que nos avisedes catro días antes.
- Prezo socios: 12€
- Prezo non socios: 15€
