Ruta Cicloturista “Arredores de Samos”

Itinerario/Percorrido

  1. PUNTO DE SAÍDA: Castroncán (Campo antigo da feira e castro prerromano).
  2. Necrópole do neolítico monte de Santa Mariña (O maior campo de mámoas de Galicia).
  3. Igrexa-santuario de Santa María do Mao. (Sartego de San Eufrasio e cemiterio Baixo o tellado da igrexa). Antigo priorato de Samos.
  4. Castro de Formigueiros (Destaca polas súas defensas cunha sucesión de varios foxos e murallas. Lugar escavado e totalmente rozado).
  5. Mirador de Teiguín (Privilexiada atalaia sobre as terras de Samos, O Incio e Sarria).
  6. Castro de Santa Margarida (singularizado por ser un dos escasos castros que presentan pedras fincadas como elemento defensivo nas súas murallas).
  7. Aldea de Freixo (Aldea de media montaña con igrexa construída con cachotería de pizarra, característica da zona, con portada porticada).
  8. Escanlar e a Balsa. (a última destas é unha aldea con cinco casas, todas abandonadas).
  9. Toca. (Aldea estribada na serra do Ouribio. De aquí sae un dos mellores meles de Galicia: Mel da Anta).
  10. Gralleiras de Toca (As únicas simas das que teño noticia en toda Galicia).
  11. Casa Forte de Lusío (Pazo en restauración. Será albergue de peregrinos, museo de Vicente Vázquez Queipo, Museo da Agricultura de Galicia e Reserva Biolóxica de Galicia. Conta tamén con ferrería e muíño. Nunha casa anexa edifícase un auditorio).
  12. Camiño de Santiago pasando polos muíños de Renche.
  13. Igrexa románica de San Martiño (restaurada recentemente)
  14. Samos. (Mosteiro, Capela do Ciprés, paseo fluvial…)
  • 15:00 - Xantar no hotel-restaurante “A Veiga” (Os ciclistas poderánse duchar no hotel).
  • 18:30 - No serán visitaremos o Casco Antigo e o Malecón de Sarria.

Descripción

  • Saída de Castroncán: ás 9:30.
  • Percorrido en bicicleta: Arredor de 35 Kms.

Os que vaian en coche poderán visitar a necrópole de Santa Mariña, a igrexa-santuario de Santa María do Mao, o castro de Formigueiros, Samos, As Gralleiras de Toca, a Casa Forte de Lusío…).

Chegada a Samos, despois do percorrido en bici: 14:00 – 14:30.

DATA POSIBLE PARA FACER ESTA RUTA: un domingo da segunda quincena de abril ou o 1 de maio que tamén é festivo. Ídeo estudando e xa o comentaremos.