Proposta de Organización por Puntos do Alambike

CONCEPTO PUNTOS
1. SOCIO 1 PUNTO
2. ASISTENCIA ASAMBLEA 1 PUNTO c/u
3. ORGANIZAR RUTA/ACTIVIDADE 5 PUNTOS
4. PARTICIPAR RUTA/ACTIVIDADE ORGANIZADA POR OUTRO SOCIO 2 PUNTOS c/u
5. ASISTIR A RUTAS CICLOTURISTAS 1 PUNTO c/u
6. AXUDAR A ORGANIZAR RUTA BTT LALIN 3 PUNTOS
7. ADQUIRIR RESPONSABILIDADE NA ORGANIZACIÓN DA RUTA A LALIN EN BTT 5 PUNTOS
8. SER MEMBRO DO EQUIPO DIRECTIVO 5 PUNTOS
9. FORMAR GRUPO PARA SAIR EN BICI 3 PUNTOS
  1. A condición de socio é adquirida mediante o pago da cota anual acordada en Asemblea. Os socios deberán aboar mediante ingreso na conta do club a cantidade de 30€ (50% de desconto para familiares ata segundo grao de afinidade ou consanguinidade).
  2. A organización dunha ruta/actividade por parte dun socio implica unha tarefa de moito traballo. É preciso buscar o percorrido, comunicalo aos socios, se procede buscar un sitio para xantar… Este tipo de saídas sociais e deportivas serán valoradas con 5 PUNTOS.
  3. Participar “na vida do Alambike” é preciso para que outros socios se animen a organizar a “vida do Alambike”. Valoramos con 2 puntos cada actividade (rutas organizadas por socios ou convocatorias do club).
  4. A asistencia a rutas cicloturistas organizadas por outros Clubs tamén forma parte das actividades cicloturistas. É unha forma de facer turismo e promover o deporte, o club e un aliciente para adestrar. A valoración será de 1 PUNTO por cada ruta.
  5. A Ruta a Lalín en BTT é a actividade de máxima responsabilidade para Directiva e os socios do Alambike. Entendemos que é diferente AXUDAR e TER RESPONSABILIDADE, calquera dos socios pode situarse onde queira ou poida, pero a valoración debe ser diferente. Axudar será valorado con 3 PUNTOS
  6. Adquirir responsabilidade é “agarrar o boi polos cornos”, todos podemos facelo porque os resultados son para todos por igual. A valoración será de 5 PUNTOS.
  7. Formar grupo é quedar para saír a gozar da bici, procurar facer piña, tratar de saír polo menos de vez en cando xuntos (domingos ou cando sexa). Creo que o grupo para saír a pedalear debe ser o Alambike. 3 PUNTOS

En función dos puntos conseguidos por cada socio así serán os seus dereitos no Club. Por exemplo, para adquirir o novo equipamento do club.

TOTAL DE PUNTOS SÓ TERÁS QUE PAGAR
MENOS DE 5 PUNTOS Deberá pagar o 90% do equipamento
DE 6 A 10 PUNTOS Pagará o 75%
DE 11 A 15 PUNTOS Pagará o 35%
MÁIS DE 15 PUNTOS Pagará o 25%

A Dirección do Alambike será a encargada da baremación e de indicarlle a cada socio a porcentaxe que deberá pagar. O período computable para os puntos será de un ano natural.