Maghosto 2011

A Ruta do Maghosto celébrase o 20 de novembro de 2011 e é unha das actividades mais representativas e tradicionais no Alambike CC. Pretendemos exaltar o outono e celebrar unha das festas mais representativas do noso país e especialmente da provincia de Ourense.

 

O día comezará cediño, ás 9.00 h quedamos no lugar de sempre, diante do IES Laxeiro, para pedalear cara o veciño concello de Castro Dozón, o noso destino é “Cas da Cándida” un cinco estrelas a carón do campo da feira de A Gouxa. Será unha ruta de dificultade baixa apta para todos.

 

Para recuperar forzas, xa temos o encargo feito... carne o caldeiro, polbo, e de sobremesa queixo con marmelo e castañas asadas. Todo aderezado con pan de Cea e viño novo do Ribeiro. O cociñeiro, terá todo preparado para ás 14.15 h, olliño, se a neve non lle impide chegar. Os alambikeiros aínda temos nas nosas retinas aquela fermosa e dura mañá de neve de fai uns anos na que tiramos unhas sorprendentes fotos. Podes velas na nosa galería fotográfica.

 

Esta actividade é aberta para todos: alambikeiros, bos comedores, aventureiros... so vos pedimos que nos avisedes uns días antes.