Faite Socio do Alambike CC

O Alambike Club Cicloturista ofrece aos seus socios:

  1. Saídas sociais organizadas con distintos niveis de dificultade. Os datos de cada ruta (quilómetros, dificultade, punto de encontro, avituallamentos, cartografía, trak gps, etc) están sempre actualizados neste sitio web.
  2. Unha quedada, con punto de saída todos os domingos ás 9:30 horas diante do IES LAXEIRO de Lalín, regresamos ás 13 horas. Se che apetece pedalear cun grupo de amigos: ¡anímate ven!
  3. Subvención dun 50% da licenza federativa.
  4. Un desconto do 50% na cota anual aos familiares ata segundo grao.
  5. Unha equipación completa oficial do club valorada en máis de 300€. (ver sistema de “puntos alambike” para conseguila).
  6. Subvención de inscricións en marchas cicloturista, moitas delas por importe íntegro; e outros eventos (Día do club, cea de Nadal, etc).
  7. Transporte de bicicletas: dispoñemos dun remolque con capacidade para máis de dez bicicletas.
  8. E sobre todo, un grupo humano para pedalear e tomar algunha cervexa de cando en vez.
Concepto Prezo
Cota Anual 30€

Folla de Inscrición para Facerse Socio