Regulamento

  1. AlamBIKE C.C. e o Concello de Lalín, coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e organismos competentes, son os organizadores da VI Ruta a Lalín en BTT, que se celebrará o 4 de outubro de 2009.
  2. Esta marcha cicloturista está aberta a tódolos ciclistas maiores de 15 anos que posúan a licenza federativa do ano en curso. En caso contrario, deberán solicitar tramitación da licenza dun día cun custo adicional de 8 euros. Os menores de 18 anos precisarán de autorización paterna. O participante coa súa firma, e baixo a súa responsabilidade, recoñece ter a idade esixida para participar na actividade.
  3. O ritmo da marcha será controlado pola Organización de acordo co horario previsto. Membros da Organización debidamente identificados abrirán a ruta, non podendo os ciclistas adiantar aos mesmos. Así mesmo realizarase agrupamentos parciais dos participantes durante a marcha.

    Os participantes terán que pasar polo avituallamento principal (Castro Dozón) no horario establecido pola organización. Do contrario deberán desviarse pola N-525 en dirección á Lalín ou ben retirarse da ruta no coche escoba.
  4. A marcha está prevista para 300 participantes.
  5. É obrigatorio o uso do casco.
  6. É de obrigado cumprimento a conservación e coidado do medio, tirando o lixo nos lugares pertinentes e evitando perturbar o silencio do monte.
  7. A Organización pon a disposición dos participantes: asistencia mecánica gratuíta (repostos a cargo dos participantes), Protección Civil, ambulancia, avituallamento sólido e líquido, duchas, servizo de lavado de bicicletas, recordo conmemorativo e comida ao rematar a marcha.
  8. Tódolos participantes considéranse en excursión persoal, debendo aterse ás normas do vixente código de circulación, considerándose persoalmente responsables das infraccións que cometan.
  9. A Organización non se fai responsable de ningún accidente do que poida ser causa ou vítima o participante durante a Ruta Ciclista, como tampouco se fai responsable dos gastos ou débedas que puidera contraer durante o percorrido.
  10. O percorrido estará debidamente sinalizado, debendo cada participante respectar en todo momento o itinerario marcado pola organización, sen saírse do trazado, en ningún momento.
  11. Aínda que o percorrido da marcha transcorre na súa maior parte por camiños rurais e forestais, existen cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ao tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
  12. O feito de inscribirse na proba implica a aceptación do presente Regulamento e a renuncia a tódolos dereitos, contra a Organización, Patrocinadores e Colaboradores dos danos que se poidan ocasionar coa marcha.
  13. Serán motivos de exclusión da Ruta: non respectar o código de circulación, non usar casco, non seguir as indicacións dos axentes de seguridade, Protección civil e persoal da organización, non pasar os controis de saída, chegada e os establecidos durante o recorrido, circular fóra das pistas e/ou estradas polas que discorre a proba, ter un comportamento que impida o normal desenvolvemento da ruta ou que vaia contra o regulamento.
  14. A Organización resérvase o dereito a modificar aquilo que as circunstancias aconsellaran.
  15. Só serán considerados participantes da “VI MARCHA a Lalín en BTT” aqueles que realizaran debidamente a inscrición e leven o dorsal visible. Dito dorsal será facilitado pola organización e deberá ser devolto unha vez rematada a ruta.