Acompañantes

| PASEO POR DOADE: Domingo 4 de Outubro de 2009 | |
|---|---|
| Descrición | Paseo circular duns 5 quilómetros, para percorrer en hora e media, aproximadamente. Lugares de interese: Castro de Penedo, Miradoiro do Monte Xestoso e o Museo Casa do Patrón. |
| Horario | Saída ás 10.00h do campo de fútbol Manuel Anxo Cortizo. Duración do paseo e da visita: 3 horas. |
| Dificultade | Baixa, ritmo pedestre lento. É un paseo, duns 5 quilómetros. A duración prevista é de unha hora e media. O percorrido é apto para nenos. |
| Prezo | 15€ O prezo inclúe: Desprazamento en autobús (Lalín-Doade-Lalín), visita ao Museo Casa do Patrón, agasallo conmemorativo da actividade e xantar. |
| Inscrición: 50 prazas | Ata ás 24.00 horas do MÉRCORES 30 DE SETEMBRO DE 2009. Mediante transferencia bancaria (CAIXANOVA) 2080 0429 76 0040120803 indicando “ANDAINA”, e o nome, apelidos, DNI de cada participante. |
O paseo por Doade completarase cunha visita ao MUSEO DO PATRÓN. Nesta visita contaremos cunha guía que nos irá explicando todo o que imos descubrindo, a visita ó museo ten unha duración de unha hora e media aproximadamente. Esta actividade é so para os acompañantes dos bikers e está limitada a 50 prazas.

















